Friday 10 de May de 2024

Miño organiza unha sesión de autocine con ‘ Jumanji: Benvidos á xungla’ este venres 27 de agosto


• A proxección realizarase no triángulo da Praia Grande a partir das 22:30 horas, con apertura de portas ás 21:30 horas.

• O recinto conta con capacidade para 200 vehículos. O aforo estará limitado e permitirase o acceso ata completar aforo.

O Concello de Miño organiza unha sesión de autocine para o vindeiro venres 27 de agosto coa proxección de ‘ Jumanji: Benvidos á xungla’. O evento realizarase no triángulo da Praia Grande a partir das 22:30 horas, con apertura de portas ás 21:30 horas.

O recinto conta cunha capacidade máxima de 200 vehículos. Non será necesaria inscrición previa e permitirase o acceso ata completar aforo. Trátase dunha nova edición de autocine, unha iniciativa promovida con moito éxito polo Concello nos últimos meses.

O goberno local aposta así por seguir potenciando a cultura e o lecer #ante unha situación sanitaria adversa. Durante o desenvolvemento desta actividade cumpriranse todas as restricións e recomendacións sanitarias pertinentes. O público poderá gozar dunha película actual e con boas valoracións por parte da crítica de maneira gratuíta.